Betanzos CF » Blog Archive » Miguel Pena Sánchez novo adestrador do Betanzos CF
 

Miguel Pena Sánchez novo adestrador do Betanzos CF

Escrito el 6 jul 2018 en General

O primeiro paso é a incorporación dun novo adestrador: Miguel Pena Sánchez. Procedente do At. San Pedro, ten unha longa traxectoria nos banquillos (Brexo Lema, Español, Sp. Burgo ou Almeiras).  Bo coñecedor da Primeira Autonómica ven ao Municipal García Hermanos “coas máximas expectativas de recuperar a categoría e devolver o equipo á Preferente despois dun descenso inxusto”. Miguel Pena afirma estar gratamente sorprendido do atopado en Betanzos “as instalacións son magníficas e estamos planificando conxuntamente coa directiva no deseño da plantilla intentando manter o bloque do pasado ano”. Pendentes do sorteo da Copa Deputación, a pretemporada comenzará na segunda ou terceira semana de xullo. O novo técnico espera contar cun plantel de 18 ou 19 xogadores sen perder de vista á canteira, tendo como prioridades, inicialmente, o reforzo na dianteira e nos postos de laterais “de momento estamos a falar con xogadores que nos poden interesar aínda que o mercado está un pouco tolo”. Á hora dunha aposta por un modelo de xogo inclínase polo xogo combinativo “cando se pode. Hai que adaptarse aos equipos. Non renuncio ao contragolpe nin a xogar pechado”. Agradece que o club o se acordase del para o posto “profesionalmente para min traballar nun clube do nome e a historia do Betanzos CF é unha gran satisfacción”.


© BETANZOS CLUB DE FUTBOL. Esta página web es la única oficial del Betanzos Club de Futbol. Todos los derechos reservados.

Nota Legal | Política de privacidad | Mapa Web | Venta entradas | Servicios para empresas | Contacto