Saludo del Presidente

Escrito el 23 oct 2011 en General

“Douvos a benvida á páxina web do Betanzos CF. Nesta temporada 2014-2015 e despois de case trinta anos colaborando con este clube, asumo a presidencia con dous sentimentos: o de orgullo e responsabilidade. Orgullo porque o Betanzos CF é un clube histórico, cunha traxectoria deportiva extensa e que representa á nosa cidade polos campos de Galicia. E, por outra banda, coa responsabilidade de impulsar, nestes tempos que nos tocan, toda a parcela deportiva e administrativa dun proxecto que ten que ilusionar e sumar.

Coa forza e as ganas da nova directiva, dos xogadores, do corpo técnico, das categorías inferiores, das familias e da afeción, estou seguro que non imos regatear esforzos en facer mais forte e mais grande a este clube”

 

 

Antonio Fernández Lendoiro

Presidente Betanzos CF

 


© BETANZOS CLUB DE FUTBOL. Esta página web es la única oficial del Betanzos Club de Futbol. Todos los derechos reservados.

Nota Legal | Política de privacidad | Mapa Web | Venta entradas | Servicios para empresas | Contacto