A xogadora alevín Noelia Regueiro Fernández participa coa galega no campionato de España
Escrito el 28 mar 2012 en General
Os pasados 23 e 24 de marzo disputouse en Bormujos (Sevilla) o campionato de España feminino alevín fútbol 8 en categoría sub 12. Na convocatoria estaba a xogadora do Betanzos CF Noelia Regueiro Fernández. A selección acadou un meritorio terceiro posto destacando que non encaixou ningún gol nos partidos disputados. Caeu en semifinais, na tanda de penaltis, ante Cataluña e venceu no derradeiro partido polo terceiro posto a Valencia por 2 goles a 0.
A noraboa para Noelia que seguro disfrutou dun evento tan importante.
Destacar tamén que o xefe da expedición, nomeado pola Federación Galega, foi o betanceiro Antonio Fernández Lendoiro, vicepresidente da FGF e do Betanzos CF.








